A Banda da Loba presenta o seu novo disco en Gondomar
Banda da Loba

Pepa a Loba era unha bandoleira galega de finais do XIX, unha muller forte, rebelde para o seu tempo, e, sobre todo, unha gran loitadora, como o son Xiana Lastra (voz), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) Marcela Porto (percusión) e a gondomareña, Estela Rodríguez (violín) as integrantes da “Banda da Loba”. Cinco rapazas valentes que buscan o seu oco no mundo da música con o seu primeiro traballo ‘Bailando as rúas’.

Estas cinco loitadoras decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destacando a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Nos seus concertos, como o de esta noite ás 22:30 horas no parque das Ánimas de Gondomar, prometen emocionarnos e poñernos a pel de galiña ata facernos dar saltos coa maior das enerxías. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Creamos o grupo de casualidade. Varias de nos viñamos dunha experiencia anterior e estábamos intentando montar un grupo. Tres de nos, Andrea, Marcela e mais eu (Xiana) xa tiñamos algún tema feito e non queríamos deixalo nun caixón, entón chamamos a Estela e Inés e fundamos a “Banda da Loba”, indicou a Telemariñas a voz do grupo, Xiana.

Intentamos que os nosos concertos sean o máis participativos posibles no sentido en que nos gusta que a xente interactúe con nos, que baile, que cante, que o pase ben. Facemos un concerto variado porque non temos un estilo de música definido , non nos enmarcamos nun estilo concreto. Sempre decimos que o noso estilo é caleidoscopio, porque hai cousas que veñen do pobo, do folk, rock ou do country, é mui variado enton ninguen se aburre”, sinalou Xiana.

O novo disco da Banda da Loba, con once temas no que se incluie duas concións de poemas de Celso Emilio Ferreiro, pódese atopar en todas as plataformas dixitais e en formato físico na libraría Café Libraida de Gondoma,r entre outras.