Aproxímase o Nadal e, con él, o último concerto do ano e un dos máis especiais nos que participa boa parte do alumnado da escola de música: dende os máis pequenos de xardín musical ou música e movemento, a banda infantil, a banda xuvenil e a Agrupación Musical de Goián.

Como ven sendo habitual, na entrada haberá que entregar 1 Kg de alimentos que serán doados a SOS Tomiño.

O concerto celébrase o próximo domingo, ás 18:00 horas no auditorio de Goián.