O vinceiro sábado, ás 20:00 horas, celébrarase no auditorio de Goián o Concerto do Socio da Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
Con este concerto, aberto a todo o público, a banda de Goián quere agradecer o apoio que o concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián, as casas comerciais e tódalas socias e socios depositan ao longo do ano para que a súa actividade cultural poida levarse a cabo.
O concerto contará coa actuación da Banda Infantil de Goián, da Banda Xuvenil de Goián e, finalmente, da Agrupación Musical de Goián.