Biblioteca municipal de A Guarda
CEDIDA // Biblioteca municipal de A Guarda

A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda organiza dúas actividades para este Nadal. A primeria delas é nunha edición da Bebeteca, que se celebrará este venresás 18:00 horas, e a segunda, Contos Contados, que será o sábado.

Así, este venres a Biblioteca acolle unha nova sesión da Bebeteca, especialmente adicada ao Nadal e pensada para nenos nenas de 3 a 6 anos. Rebeca González, mestra de Educación Infantil do CEIP As Solanas e coordinadora de Bibliosolanas contará o conto “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”.

Ao remate, cada neno que asista levará un conto en préstamo da Bebeteca á súa casa durante o Nadal. Os nenos que participen e aínda que non teñan a tarxeta de préstamo da Biblioteca, poden levar unha folla de inscrición para obtela.

A Bebeteca é unha sección de libriños especialmente pensados para que as familias poidan iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. Idade: 0 -3 anos e 3 -6 anos.

As actividades programadas neste Nadal na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda continúa o vindeiro 22 de decembro con Contos Contados de Nadal, “Canto contan os Avós”, dirixido a nenos, nenas e familias. Contaranse contos dos avós e a continuación realizarase un obradoiro que consistirá en facer unha figuriña para o árbore de Nadal que adornará a Biblioteca e outra para levar ás súas casas.