Castelao

A Biblioteca Municipal da Guarda organiza unha nova sesión de «Contos contados» para conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro).

Neste caso a actividade comezará ás 11:30 horas deste sábado, e consistirá en contar «Cuentos silenciosos», de Benjamín Lacombe, ilustrado en tres dimensións que lle dan vida e volumen a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fará as delicias dos máis cativos da casa.

A continuación, realizarase un obradoiro que consistirá en decorar un mural con ilustracións adicadas a Castelao e unha sorpresa para levar á casa.