O pasado venres, ás 20:00 horas, tivo lugar a actividade de “Micromachista eu?”, encadrada dentro da categoría Igualdade e violencia de xénero, a través da cal Caxoto Contacontos achegou ás persoas asistentes á realidade da igualdade, facendo visible a presenza que teñen os micromachismos na nosa cultura, nos contos e mesmo no día a día.
O día seguinte, sábado ás 11:00 hroas, Pavís Pavós dirixiuse ao público infantil con “Contos que veñen e van”, unha sesión na que que as voces e a xestualidade dos contacontos foron os elementos principais para transmitir unha serie de historias coas que as persoas asistentes puideron desfrutar dos contos unha vez máis.
Este martes e xoves terán lugar “Unha maxia diferente” e “Historias correntes de xente diverxente” respectivamente, dúas actividades enmarcadas dentro do programa “Ler conta moito” pertencentes á categoría Igualdade e violencia de xénero.