Interior Biblioteca de Baiona
Interior Biblioteca de Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dentro da súa programación para este Nadal, oferta un obradoiro de instrumentos de refugallo, que terá lugar este mércores, de 17:30 a 19:30 horas, na Biblioteca Municipal.

Esta actividade está destinada a nenos de 6 anos en adiante, constando de dúas partes; na primeira parte do obradoiro os rapaces crearán o seu propio instrumento partindo de materias usados (botellas, bidóns, tapóns, etc..), e unha vez rematado o instrumento, interpretarán e acompañarán con percusión unhas panxoliñas de Nadal.

Os nenos interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal, ben presencialmente ou no teléfono 986 355 943.