A CIG ten convocada, para mañá mércores, día 13 de agosto, unha xornada de folga nos Servizos de Axuda no Fogar de Galicia, en resposta ao asasinato da traballadora do Porriño, en solidariedade coa súa familia e para exixir medidas que garantan a protección efectiva das traballadoras deste sector.
Con este motivo son numerosas as convocatorias de concentracións previstas por toda a xeografía galega. No caso da comarca de Vigo, ademais de manifestación desde a Farola de Urzáiz até o edificio da Xunta de Galicia, ás 17:30 horas, están previstas as seguintes concentracións diante dos concellos:
- Vigo: 11:30 horas
- Redondela: 11:30 horas
- Ponteareas: 12:00 horas
- Covelo: 12:00 horas
- As Neves: 11:30 horas
- Pazos de Borbén: 11:30 horas
- Porriño: 11:30 horas
- Moaña: 11:30 horas
- Mos: 11:30 horas
- Tomiño: 11:30 horas
- Nigrán: 11:30 horas
