A compañía teatral Contraproducións, trae este sábado ao auditorio de Goián, unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó «Commedia». A cita cultural, incluída na axenda de outono, comezará ás 22.00 horas; con entrada a 3 euros por persoa (pode comprarse dende unha hora antes en taquilla).
Esta obra, recomendada para público adulto, é o reflexo doutra, estrenada en 1.993 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), a “COMMEDIA, un xoguete para Goldoni”; espectáculo que rematou sendo un dos hitos do teatro galego, con máis de 200 funciones en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repite no posible o mesmo equipo creativo, baixo as directrices do dramaturgo Cándido Pazó.
Arlecchino atopa unha carta de amor no delantal da súa muller e, erroneamente (pois a carta non era para ela), pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero unha misteriosa voz que xorde de ningunha parte, deteno e dálle un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen llo pon.
A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da chamada popularmente “commedia dell ́arte”: o cutre tabernero Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…
Por outra banda, o domingo ás 12.00 horas, no Auditorio de Goián, contarase cun concerto dentro da programación de «MÚSICA EN CAMIÑO», organizado pola Rede de Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal (CEER). Tomiño tamén será un espazo de traballo de composición para poñer a punto as obras de música contemporánea inspiradas no patrimonio cultural, natural e inmaterial do Camiño.
Entre as numerosas actividades programadas está a celebración de cinco concertos abertos ao público en diferentes espazos de núcleos rurais do Camiño Portugués, en lugares emblemáticos como a Catedral del Tui ou a na Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra pasando por lugares en contornas de grande beleza ambiental, como Tui, Portas, ou Tomiño.