Unha foto real de Elisa e Marcela

Este venres, a compañía A Panadaría representará no IES Auga da Laxe de Gondomar, a obra «Elisa e Marcela» dentro dunha semana de actividades que organiza o instituto para reflexionar sobre o amor, sen prexuízos nin etiquetas, desde o respecto á diversidade.

O acto comezará ás 20:00 horas e incluirá intervencións do alumnado relacionadas coa poesía, a danza, a palabra e a música, para dar paso despois, a partir das 21:00 horas, á representación da obra, inspirada na historia de Elisa e Marcela, dúas mulleres que no ano 1901 protagonizaron en Galicia a primeira voda entre persoas do mesmo sexo da que se ten constancia en España.