A Comunidade de Montes de A Guarda, empezou este luns, tras obter os permisos de Patrimonio, para realizar os buracos no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

Esta plantación realizarase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002, nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño, ademais de acacia.

Estes labores faranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, e para a plantación están previstos os días 13, 14 e 15 de marzo.

Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa  confirmación dalgún centro.

Ademais, a Comunidade de Montes de A Guarda, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estas sendas, e bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.