ALFREDO // Casa de la Cultura de Camposancos

A Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos informa da programación para festexar o Día das Letras Galegas.

Este sábado, 19 de maio as 20,30 horas, a casa cultural de Camposancos acollerá un acto con motivo da celebración das Letras Galegas. Sabela Rodríguez fará unha reseña de Maria Victoria Moreno.

Asimesmo, a Comunidade de Camposancos homenaxeará a Don Nicolás Gutiérrez Campo, que foi mestre durante anos no colexio publico de A Guarda, a vez que foi Secretario da Entidade Local Menor de Camposancos dende o ano 1947 ata o 1949 e primeiro Presidente da reconstituida Entidade Menor dende no 1964 ( o seu neto Xosé Manuel Malheiro será quen nos falará de tan ilustre persoeiro). A fadista Madalena Gamalho interpretará Fados, acompañada á guitarra por Bieito Solo.

O acto está organizado pola Comunidade de Montes de Camposancos e a entrada é totalmente de balde ata completar aforo.