Con motivo do Día das Letras Galegas, a Comunidade de Montes de Camposancos agasalla cada ano a algún veciño do pobo que se distingue polo seu traballo. Esta vez tócalle a Ángel Armindo (Lucho), unha persoa que naceu na localidade e de mozo tivo que emigrar para seguir os seus estudos na Armada Española. Casou en Ferrol, onde desenrolou grande parte da súa vida. Ten dúas fillas e é militar na reserva no grao de «Capitán de Fragata».

No seu tempo libre lle gusta ler e así mesmo escribiu dous libros «Navegando con fuerte mareja» e «Camposancos, O Camiñar dun Pobo», este último vai pola segunda edición e auguramos non será a última.

As notas musicais as porá como non podería ser de outro xeito a grandiosa gaiteira camposina Nadia Vázquez Martínez, que foi a primeira muller que ganou o primeiro premio como solista no festival de Comamusa «Le son continue»; Francia, un certame que se ven celebrando dende o ano 1976.