Comunidade de Montes de Couso

A principios do mes de maio vai ter lugar na República de San Marino, un irmanamento promovido pola Fiare Bancaética, ao que asistirá a Comunidade de Montes de Couso.

Banca Popolare Etica, un banco cooperativo que traballa en Italia desde 1999 e Fiare que opera en España dende 2005. Ambos os dous queren ser unha ferramenta ao servizo da transformación social a través do financiamento de proxectos da economía social e solidaria e a promoción dunha cultura da intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación, a democracia e o crédito como dereito.

Grazas aos milleiros de persoas, entidades socias e organización, está a materializarse o soño de crear unha institución financeira ética e cooperativa, cunha dimensión europea.

Para a Comunidade de Montes de Couso, esta invitacion, supón un recoñecemento internacional na pioneira experiencia da parroquia e unha extraordinaria oportunidade para:

  • intercambiar experiencias de boas prácticas das organizacións participantes.
  • Difundir o traballo realizado polos veciños de Couso, Gondomar, de cómo a xestión comunitaria pode dar respostas innovadoras, sustentables, respetuosas co medio e xerando valor engadido para os recursos económicos.
  • Para promocionar e proxectar no exterior os productos ecolóxicos que comercializan.
  • Promover a realización de iniciativas en común, no ámbito dos respectivos programas de actividades.
  • Intercambiar experiencias e boas prácticas, favorecendo a difusión e a adaptación ás realidades locais.

«Este convite reconfortanos no traballo desenvolvido, e danos pulos para abordar novos proxectos con outras entidades que traballen na mesma dirección noutros puntos de Europa», indican dende a Comunidade de Montes de Couso.