A Comunidad de Montes de Vincios crea “O Bosque dos nen@s”

En outubro do ano 2017 a vaga de incendios queimou o Monte Galiñeiro e o 80% da superfície da CMMC de Vincios.

Non podemos esquecer o que pasou e temos que traballar ca conciencia dos mais pequen@s para o coidado do noso medio ambente e con él, a xoia que e o Monte Galiñeiro, e que estes desastres non volvan a acontecer.

Como lembranza do que aconteceu e como esperanza de futuro creamos o Bosque dos nen@s” indican dende a CMMC de Vincios.

Será un espazo de 6 hectáreas que a Comunidade de Montes de Vincios vai adicar a que tod@s aqueles pais e nais que queran plantar unha árbore cando nace un nen@, ou està de aniversario, etc., poderán face lo no monte.

A día de hoxe, o Colexio Andersen, Colexio Castelao de Ordes, e Fiz e Eloi, celebrando o seu aniversário, xa plantaron mais de 200 frondosas. Esta foi a semente do proxecto.

Que hai que facer:

Hai que levar unha arbore( Castiñeiro , Cerdeira ou Nogueira) e plantala compartindo a experiência cos vos@s pequen@s.

Que dan:

Un espazo único para poder plántalo que estará ubicado perto do merendeiro do Monte Galiñeiro , e sinalizado como “O Bosque Dos Nen@S”, nunha superficie de aproximadamente 6 hectáreas.

A CMMC de Vincios entregará un diploma indicando a data, nome do pequen@, espécie da árbore, etc, recoñecendo o voso apoio na recuperación do monte e coidado do médio ambente. O monte terá carácter protector, polo que o seu fin non será a producción madeireira.