Xunta de Goberno Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar recursos por valor de preto de 250.000 euros para executar obras de reparación de camiños o a reconstrución de muros derrubados en O Rosal e Baiona.

Máis polo miúdo, O Rosal recibirá 139.488 euros para arranxar danos como roturas de pavimentos e en tubaxes de saneamento, caída de muros ou taludes nos camiños municipais de Couselo, Canas e Morraceira.

Pola súa banda, o concello de Baiona benefíciase de 105.160 euros para dúas actuacións no camiño O Piñeiro, na parroquia de Baiona, e na senda fluvial río Baíña.