A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de 525.000 euros para 51 clubs deportivos de 13 concellos de Vigo e o sur da provincia que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os 1.000 e os 25.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos, de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios.

“Sentímonos moi orgullosos desta liña de axudas que foi renovada este ano para corrixir os desequilibrios que se viñan dando en convocatorias anteriores», explicou o presidente provincial, Luis López- «O obxectivo principal era distribuír os recursos dun xeito máis equitativo e coido que o temos conseguido”. Ademais, López lembrou a importancia de “apoiar a estas entidades como merecen, xa que os nosos deportistas nos referencian no mundo e os nosos clubs traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.

En concreto, no conxunto da provincia repartiranse 900.000 euros entre 80 clubs deportivos de 25 concellos, de disciplinas como fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, fútbol, ciclismo, natación, baloncesto, surf, tiro con arco, hóckey, orientación, esgrima, waterpolo, patinaxe, squash ou, entre outros, atletismo. Todos eles -beneficiaranse de achegas que oscilan entre os 900 e os 35.000 €, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que participen.

Máis polo miúdo, en Baiona o Baíña Fútbol Sala recibirá 9.448 €; na Cañiza o Club Balonmán Cañiza 20.000 €; en Gondomar a Agrupación Deportiva Vincios (tenis de mesa) 4.864 € e o Lóstrego Club de Fútbol 13.514 €; en Mos o Club de Fútbol Unión Deportiva Mos 18.910 € e o Club de Tenis de Mesa Mos 3.385 €; nas Neves o Club Bádminton As Neves 6.667 €; en Nigrán o Club Gallego de Surf 3.029 € e a Escola Deportiva Val Miñor 11.000 €; en Oia a Asociación Recreativa Ciclismo Oiense 7.265 €, e en Pazos de Borbén a Sociedade Deportiva de Pazos de Borbén (fútbol sala) recibe  9.070 €.

Por outra banda, en Ponteareas son cinco os clubs que contarán cunha achega ao abeiro desta liña: o Archers Team (tiro con arco) contará con 1.069 €, o Club Ciclista Ponteareas con 3.680 €, o Club Natación Ponteareas con 9.400 €, o Hoquei Club Ponteareas con 10.205 € e o Pontebike Team (ciclismo) con 1.992 €; no Porriño a Asociación Deportiva Avanza (ciclismo) contará con 3.825 € e o Máster da Louriña con 20.000 €; en Redondela o C.D. Choco (fútbol) con 15.000 €, o Meigarco (tiro con arco) con 5.666 € e o Sociedade Atlética de Redondela (balonmán) con 15.000 €, e no Rosal o Sociedade Deportiva Atlética Novás (balonmán) con 25.000 €.

Por último, en Vigo recibirán axudas un total de 29 clubs deportivos que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. Son a Asociación Deportiva Famu (judo), que recibe 10.000 €; o Club Atletismo Feminino Celta, 10.000 €; o Club Deportivo Pasos-Baile Galicia, 3.056 €; o Club Balonmano Reconquista de Vigo, 15.000 €; o Club Bowling Celta (bolos), 7.331 €; o Club Ciclista Coruxo, 1.682 €; o Club Ciclista Vigués, 9.763 €; o Club Cíes Squash, 6.712 €; o Club de Baloncesto Seis do Nadal-Coia, 15.000 €; Club de Esgrima de Vigo El Olivo, 3.561 €; o Club Deportivo Delikia (tríatlon), 10.000 €; o Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo (patinaxe en liña), 5.076 €; o Club Deportivo IES Coruxo Fútbol Sala, 13.253 €; o Club Deportivo Mosteiro Bembrive F.S. (fútbol sala), 16.306 €; o Club Deportivo Xuvenil Teis (voleibol), 10.059 €; o Club Escola Rosalía (bádminton), 2.700 €; o Club Maniotas (ximnasia rítmica), 10.000 €; o Club Rápido de Bouzas (fútbol), 25.000 €; o Club Sociedad Deportiva Carballal (balonmán), 20.000 €; o Club Vigo Squash, 3.700 €; o Club Vigo Voleibol, 15.348 €; o Club Volei Praia Vigo, 5.000 €; as Escolas Deportivas Vigo 2015 Fútbol Sala, 10.527 €; o Gran Peña FC (fútbol), 22.829 €; o Illas Cíes Tenis de Mesa. 3.705 €; o Real Club Celta de Atletismo; 10.000 €; o Sárdoma CF (fútbol), 17.914 €; o Trasnos Béisbol Club, 12.062 €, e o Traviesas Hockey Club, 11.589 €.