De Vacas

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” unha nova actuación musical este xoves, 15 de agosto, nun concello da provincia. Deste xeito, De Vacas actuará en Gondomar, as 22:30 horas na Alameda de San Bieito.

De Vacas, caracterízase por ofrecer espectáculos musicais con humor, nos que acostuman ser protagonistas as versións que realizan sobre temas coñecidos. O grupo leva anos enchendo prazas e teatros de Galicia e recibiron o Premio Martín Códax da Música, entre outros galardóns. Na Alameda de San Bieito de Gondomar presentará “Rebovina Divas Live”, un espectáculo que homenaxea ás grandes divas do pop.

Todos estes concertos enmárcase en +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.