José Manuel Torres, del club de bolos San Cibrán

A Deputación de Pontevedra destina este ano preto de 200.000 euros para 182 clubs das comarcas do sur da provincia no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol.

Nesta convocatoria dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia), cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarios un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia.

En Nigrán benefícianse un total de 19 clubs, que recibirán achegas por valor de 16.110,63 euros: a Asociación Deportiva Priegue Veteranos, o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, o Club Baloncesto Nigrán, o Club de Bolos Camos, o Club de Bolos Santa Eulalia, o Club de Bolos Santiago de Parada, o Club de Tenis A Tobeira, o Clube de Bolos San Roque, o Club Laroca, o Club Racing Vilariño, o Club Ximnasia Rítmica As Estelas, o Patos Surf Club, o Pombas Mensaxeiras de Nigrán, o Prado Surf Clube, o Raza Palleira, o Sociedade de Caza La Amistad, a Sociedade Deportiva Bolos do Ceán, a Sociedade Deportiva Bolos A Iniciadora e a Unión Recreativa de Empregados da Caixa.

No caso de Gondomar, son 17 os clubs beneficiarios, con achegas que alcanzan os 15.128,90 euros: a Asociación Colombofilia Pombas do Val Miñor, o Club de Bolos San Cibrán, o Club Ciclista Osdosacho, o Club de Bolos Gondomar, o Club de Bolos Peitieiros, o Club de Bolos San Miguel de Peitieiros, o Club de Fútbol Deportivo Chaín, o Club Deportivo Vincios, o Club O Sobreiro, o Club Vincios Fútbol Sala, o Gondomar Club de Fútbol, o Gondomar Fútbol Base, o Patinaxe Artística Gondomar, a Sociedade Atlética Val Miñor, a Sociedade de Caza e Pesa A Gondomarense, a Sociedade Deportiva Abetos Fútbol Sala e a Sociedade de Bolos San Vicente de Mañufe.

Tamén se beneficiarán 17 clubs de Redondela, cun total de 19.483,32 euros: o Arealonga F.S. Chapela, o C.B.F. As Choqueiras, o C.D. Balonmán Chapela, o Campito FS, o CD Cesantes, o Cedeira Bike Team, o Chapela Club de Fútbol, o Círculo Cultural Recreativo de Chapela, o Club Baloncesto Redondela, o Club Billar na Lúa, o Club Deportivo Atlético Villar, o Club de Patinaxe Artística Arealonga Chapela, o Club de Petanca San Xoán, o Club Tango, o Grupo Casa Paco 81, o Liavi Kick Boxing Club e a Sociedade de Cazadores de San Bartolomeu da Xesta.

16 clubs de Ponteareas recibirán achegas por valor de 24.602,27 €: a Asociación Deportiva Wudang, a Asociación Deportiva Vila de Corpus F.C., o Club Bádminton Ponteareas, o Club Baloncesto Condado, o Club de Tiro Eido Dalbo, o Club de Patinaxe Artística Luar, o Club de Petanca El Parque, o Club de Tenis Ponteareas, a Escola Municipal de Xadrez, o Guláns Fútbol Sala, a Sociedade Deportiva Oliveira, a Sociedade Deportiva Ponteareas, o Sporting Club San Mateo e o Xinzo Fútbol Club, por unha banda, e o Club Cultural de Areas e a Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas na categoría de Preferente Galicia.

En Tui, 15 clubs recibirán achegas por valor de 16.839,46 euros: A Quinta de Tui Futsal, o C.D. Ribadelouro, o Club Badminton Tui, o Club Ciclista de la Fuente, o Club de Patinaxe Artística Ribex, o Club Deportivo Caldelas, o Club Deportivo Hípico Equigalia, o Club Deportivo Tui Fútbol Sala, o Clube de Atletismo Tui, o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, o Club Náutico San Telmo, La Tribu del Ñu, a Sociedade Deportiva Tui, a Sociedade de Caza Tudense e o Tyde F.C.

No caso de Mos, 13 clubs benefícianse das axudas da Deputación, concretamente de 14.233,74 euros: a Agrupación de Patinaxe Xiramos, o Bulebule Fútbol Sala, o Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas, o Club de Fútbol Unión Deportiva, o Club de Natación de Mos, o Club de Patinaxe Artística Blossom, o Club Hípico San Cosme, o Club Louro Tameiga, o Club Xadrez Mos, a Escola de Fútbol de Mos, a Escola Deportiva Lar, o Esmorga Fútbol Sala e o Santiaguiño de Guizán CD.

Tamén recibirán un total de 9.547,31 € os 11 clubs beneficiarios de Baiona: o Club de Bolos Belesar Urgal, o Baíña Fútbol Sala, o Baredo Birlos club, o Club Bolos A Xunqueira, o Club de Bolos da Rega, o Club de Bolos Estivada, o Club de Bolos Medialdea, o Club de Bolos Portameán, o Club de Fútbol Erizana, o Club de Loita Sabarís e o Club Baloncesto Baiona.

En Tomiño recibirán achegas da Deputación nove clubs, concretamente 8.805,61 para a Asociación Deportiva Tomiño Alevín e Infantil, o Club de Bolos Forcadela, o Goián F.C., a Sociedade Atlética do Trega, a Sociedade de Caza A Tomiñesa, o Spartan Team Tomiño, o Tebra F.C., o Tomiño F.C. e o Tomiño F.C. Feminino.

No Porriño, son oito os clubs beneficiados, con axudas que chegan aos 15.015,21 euros: a A.D. Mosende, a Asociación Deportiva Cortizo, o Club Colombofilo Porriño, o Club de Aeromodelismo Furaventos Porriño, o Club Patín Porriño, o Club Polideportivo ACEESCA Porriño, e a Asociación Cultural Deportiva Unión e o Porriño Industrial Fútbol Club en Preferente Galicia.

Benefícianse así mesmo oito clubs da Guarda, que recibirán 7.977,07 euros: a Asociación Cultural Deportiva Albatros, o Club Ciclista In Situ, o Club de Petanca O Caldeiro, o Club de Tenis Codesal, o Clube de Judo Baixo Miño, o Club Sporting Guardés, o Club Unión Deportiva Unión Guardesa e o Grovias Futebol Gaélico.

Tamén son oito os clubs de Soutomaior que recibirán axudas da Deputación, 8.607,28 euros que irán parar á Arcadia Escola de Fútbol, a Asociación Deportiva Tenis e Padel Soutomaior, o Club Deportivo Arcade, o Club Deportivo Soutomaior, o Club de Patinaxe Artística Bolboreta-Redondela, o Kickboxing Club Arcade, a Sociedade de Caza A Peneda e a Sociedade de Cazadores Cazarco.

Ademais, cinco clubs do Rosal recibirán 5.311,53 euros, o Club 28 Gramos Baixo Miño, o Club Ciclista O Rosal, o Club Unión Deportiva Ribera, a Sociedade de Caza A Rosaleña e a Sociedade de Caza A Magdalena.

Tamén tres clubs de Mondariz recibirán 2.514,93 euros: o Club Mondariz Futsal, o Mondariz Fútbol Club e a Sociedade de Caza A Mondarizana. Seis clubs de Salceda de Caselas recibirán 9.042,01 €: o Club Bádminton Caselas, o Club Baloncesto Caselas, o Club Caselas FC, as Escolas Deportivas Municipais de Salceda, o Club Escola de Fútbol DSF e o Judo Club Trasno.

En Salvaterra de Miño serán outros seis clubs de cun importe total de 4.370,10 euros: o Club de Patinaxe Artística Condado, o Club de Petanca Casal, o Club de Petanca Condado, a Escudaría Surco, a Sociedade de Caza e Pesca de Caselas e a Sociedade de Caza de San Pedro de Crecente.

Dous clubs da Cañiza, o CF Cañiza e o Grupeta Pan de Zarko, recibirán 2.265,29 euros, así como outros dous clubs de Crecente: o Club Sports Time e a Cultural Deportiva Crecetense, que recibirán 1.282,30 euros. En Covelo, concedéronse 2.775,84 € a un total de catro clubs: a Asociación Cazadores Coto Suído, o Club Covelo Patinaxe Artística, o Covelo Club de Fútbol e a Sociedade de Caza A Covelense.

En Fornelos de Montes benefícianse dous clubs, a Sociedade de Caza e Pesca A Laxe e a Sociedade de Cazadores de Traspielas cun total de 1.201,32 euros, mentres que nas Neves serán tres os clubs beneficiarios: o Cornelios, o Fútbol Sala As Neves e o Fútbol Club As Neves, que recibirán 2.581,28 euros.

En Oia outros tres clubs recibirán un total de 1.615,14 euros: o Club Deportivo Veteranos de Mougás, o Oiense C.F. Santa María de Oia e a Sociedade de Caza Coto de Mougás.

En Pazos de Borbén serán dous clubs que recibirán 1.117 euros: o Club Agility Thunderdogs Galicia e a Sociedade de Cazadores de Pazos de Borbén.

Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.