Andaina

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos realízanse en Galicia e Portugal.

As andainas iniciáronse o pasado sábado día 23 de febreiro cun percorrido pola Ecopista ao carón do Río Miño entre Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho, onde un grupo numeroso de veciños da Guarda e Caminha aproveitaros e gozaron dunha espléndida xornada cunhas excelentes temperaturas para coñecer este paseo á beira do Río Miño por terras portuguesas. A andaina iniciouse no Parque do Castelinho e finalizou na fortaleza de Valença.

As próximas citas serán unha ruta polo Sendeiro do Tea o sábado 9 de marzo, a ruta de Peneda a Sistelo o sábado 6 de abril, a ruta da Pedra e da Auga e do Río San Martiño o martes 1 de Maio e rematarán coa ruta do Sendeiro do Miradoiro de Matacás o sábado 1 de xuño.