Hai máis de 20 anos que non chovía tanto nun só día. O 1 de xaneiro de 2023 quedou marcado por rexistrarse a cifra máis alta de caída de precipitacións diarias, provocando infinidade de estragos, un gran volume de avisos telefónicos e unha intervención sobre o terreo sen precedentes.

Esa preocupación porque a situación se repita nun escenario actual de cambio climático, a Eurocidade Cerveira-Tomiño participará este venres 22 de marzo no Encontro Transfronteirizo de Protección Civil – Eventos Extremos, no que se reflexionar autoridades e especialistas de Galicia e norte de Portugal debaterán sobre este fenómeno, buscando debuxar unha estratexia conxunta transfronteiriza para a resiliencia fronte a eventos extremos cada vez máis frecuentes.

Ao abeiro das conmemoracións do mes de Protección Civil no Alto Minho, organizadas pola Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil lusa (ANEPC), o encontro terá como obxectivo facer unha reflexión baseada na cooperación institucional transfronteiriza sobre os últimos eventos extremos producidos, como as fortes inundacións de inicios do ano pasado, e na capacidade de resposta e articulación, ademais da divulgación de investimentos e recursos eurorrexionais para a mitigación de riscos.

As características xeográficas comúns do Alto Minho e do Baixo Miño, que comparten recursos naturais, fan que este territorio transfronteirizo sufra ameazas comúns fronte ao cambio climático. A proba diso foron as cheas ocorridas o 1 de xaneiro de 2023, con comportamentos e efectos moi semellantes nos leitos e cursos de auga das dúas marxes do río Miño.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, serán os encargados de abrir a xornada, que comezará ás 09.30 horas. O primeiro panel do encontro, ‘1 de xaneiro de 2023 –  O primeiro momento’, estará dedicado á reflexión sobre o primeiro impacto e reacción dende a visión das primeiras persoas en intervir tanto en Tomiño como en Cerveira. A xonrada complementarase con dúas mesas redondas, unha dedicada á ‘Resposta e articulación en eventos extremos’ e outra relacionadas cos ‘Recursos para a mitigación de riscos’.

Precisamente a adaptación do territorio transfronteirizo aos cambios climáticos a través da posta en valor dos ecosistemas e dos seus recursos comúns, na cooperación institucional transfronteiriza e na impllicación dos actores locais son os eixos centrais dun dos proxectos que a Eurocidade Cerveira-Tomiño implementará ata 2026, o ADAPT, que conta cun investimento de preto de 700.000 euros cofinanciados ao 75% por fondos FEDER a través do POCTEP, dando cumprimento ao proceso participativo da Axenda Urbana Eurocidade Cerveira-Tomiño 2030.