O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollenrán dende este venres, día 2 de agosto, a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, ofertas gastronómicas e moito máis.

Contando cunha superficie total de 30.000 metros cuadrados, a Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento, traballa arreo para ter todo preparado para esta fin de semana.