Contenedores de basura en el puerto de A Guarda (archivo)

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos para comarca do Baixo Miño ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 53.171,11 euros. En concreto, vanse realizar actuacións nos concellos de Tomiño e A Guarda.

Máis polo miúdo, destinaranse 18.075,89 euros ao concello da Guarda para a adquisición de contedores de lixo e outros 35.095,22 euros para a reparación do edificio “Unión do Porvenir” en Tomiño.