alumbrado público
Rúa Vicente Sobrino da Guarda

O Concello da Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio.

Grazas a esta nova ferramenta, que conta tamén cunha páxina web, no momento de producirse unha avaría no alumeado público, calquera usuario poderá dar conta da mesma, ben a través da APP municipal ou chamando ao 986 610 000. Nese momento o persoal municipal rexistrará esta incidencia na nova aplicación e, automáticamente, coa axuda dunha tablet o electricista recibirá unha notificación da incidencia e terá xeolocalizado o punto de luz onde existe a avaría, facilitando unha solución máis eficiente das incidencias no alumeado público.