O Concello da Guarda está tramitando a adxudicación da redacción do proxecto para a apertura da Rúa Inguieiros, un proxecto que permitirá solventar unha demanda do barrio da Cruzada e dos veciños de San Caetano, para mellorar a mobilidade entre este barrio e a zona do Porto da Guarda.

A rúa Carril, que une a rúa San Queitano coa saída da rúa Inguieiros, está grafiada no PXOM do 1993 como unha rúa de nova apertura, na actualidade está urbanizada aproximadamente ata a metade da súa lonxitude pero non ten saída cara o Porto, o que provoca certo illamento dos veciños desta contorna.

No pasado houbo un proxecto de apertura completa que non foi posible executalo dado que, segundo unha sentencia xudicial non se adaptaba a normativa, nestes momentos esta conexión faise máis necesaria que cando se concebíu en 1993, dado que permitiría un desafogo do tráfico local e unha mellora da mobilidade entre a Cruzada e o Porto.

Dende o Concello da Guarda adxudicase a redacción deste proxecto por un importe total de 6.897 euros (IVE engadido), prevendo as apertura deste vial na próxima lexislatura.