O equipo xuvenil de A Guarda Hockey Liña xogará este domingo en Ribadeo o partido correspondente á segunda xornada da Liga Galega de Hockey Liña da súa categoría.

Despois de acadar unha agónica vitoria no seu debut fronte a CHL Meigas de Lugo, a canteira guardesa enfrontarase a Trasnos de Ribadeo na que será a inauguración das novas instalacións para a práctica do Hockey do Concello de Ribadeo.

Podedes seguir ó vivo este partido a partir de das once e media da mañá a través da páxina web da Federación Galega de Patinaxe.