Baiona organiza un taller de “Patchwork” navideño
YOUTUBE

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda acollerá un obradoiro de adornos de Nadal, será este xoves en horario de 15:00 a 18:00 horas, e o vindeiro sábado, de 16:30 a 18:30 horas, adicado especialmente aos comerciantes da vila, para a confección dun adorno especial para os seus establecementos.

O pasado luns publicouse o vídeo do obradoiro de adornos de Nadal, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, no que se explica como serán os adornos de Nadal.

Dende a Concellería de Comercio anímase a todos os comerciantes e empresarios da vila a participar nestes obradoiros.

Materiais a empregar:

  • Tesoiras
  • Pistola e barras de silicona
  • Rotuladores
  • Fotocopia modelos
  • Telas
  • Fieltro
  • “Saquito” de tela de saco
  • Bolsas
  • Paquete de lentellas
  • Piñas, ramas, eucalipto.
  • Brillantina
  • La
  • Lazo