Dende o Concello da Guarda piden a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.

Como ven sendo habitual desde xa hai uns anos, tanto o domingo do monte como na romaría de Santa Trega do 23 de setembro, o xacemento arqueolóxico delimitase co fin de disuadir aos romeiros e visitantes de comer nesa zona.

Unha ocupación da zona delimitada pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único.