O pasado mércores día 24 de xullo o Director Xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, entregoulle ao concelleiro de Tráfico e emerxencias, e medio ambiente, Xan Lois Lomba, o diploma de ouro da Rede galega de Praias se Fume, asistiron tamén o tenente-alcalde, Anxo Baz e a concelleira Montserrat Magallanes.

Nestes momentos, 141 praias de 64 concellos integran a Rede, sendo A Guarda un dos 10 municipios no que todas as súas praias se atopan dentro da mesma.

A Rede, posta en marcha pola Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, é cada vez máis extensa, repartida non só nos concellos da costa, senón, tamén, polas ribeiras dos ríos, xa que conta con 29 praias fluviais, o que facilita poder elixir espazos libres de fume do tabaco para desfrutar do tempo de ocio.