Bloquinho Aperta

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra este xoves a «II Noite no Conser», unha actividade relacionada por enteiro coa música, na que os alumnos quedarán a durmir no centro.

As actividades comenzarán ás 19:30h co concerto da agrupación Bloquinho Aperta, que animarán a xornada cunha presentación no exterior do Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Pola noite, ás 22:00h, os alumnos do conservatorio divertiranse cun xogo de escapismo «A maldición da partitura de Mozart», organizado polos profesores do centro, no que deberán descubrir unha partitura secreta de Mozart que interpretou nun concerto no Pazo do Conde de Gondomar.

No día seguinte, desfrutarán dunha sesión de Ioga, a cargo da profesora Patricia Moreira de Namaste, e rematarán a xornada coa pintada dun mural creado pola artista Irene Silva Xiráldez, para a fachada principal do Auditorio Lois Tobío, no que contarán coa súa orientación.

Todas as actividades son organizadas pola Concellería de Cultura, dirixidas por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.