A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades para este mes de novembro que consistirán nunha xornada de Micoloxía e un Obradoiro para personalizar axendas.

Xornada de Micoloxía

A xornada de micoloxía terá lugar o vindeiro sábado día 17 de novembro de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Consistirá nunha formación a cargo da Asociación medioambiental A Jalleira. Pola mañá será a parte de formación e guía e pola tarde sairase ao monte para a procura de exemplares.

A participación será sempre previa inscrición na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es

Obradoiro personaliza a túa axenda 2019

Obradoiro para crear e personalizar a túa propia axenda do ano 2019, é unha actividade que combina a creatividade, o lúdico e tamén as técnicas de “DIY” faino tí mesmo. Actividade na que pode participar toda persoa que queira ter a súa propia axenda diferente e feita por sí mesmo.

O Obradoiro terá lugar o venres día 23 de novembro en horario de 19:00 as 21:30 horas na Casa dos Alonso. Inscricións a través da OMIX da Guarda informacion@aguarda.es