O venres día 19 e o mércores día 24 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas, o Castelo de Santa Cruz acolle dous obradoiros gratuítos especificamente destinados a mozos da Guarda de 12 anos en diante.

O Obradoiro do venres día 19 de xullo terá como motivo «WATER», un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.

O Obradoiro do mércores día 24 de xullo terá coma protagonista ao medio ambiente a través de xogos de equipo, xogos de rol e diferentes dinámicas, acompañado tamén dunha merenda ecolóxica. Convidarase a mocidade a reflexionar sobre os recursos naturais e a súa correcta xestión.

Para os dous obradoiros as persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX do Concello da Guarda, as prazas son limitadas e as inscricións realizaranse no mail informacion@aguarda.es, a través do facebook da OMIX da Guarda ou no teléfono 986 610 000.