O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 21:00 horas, o Concerto de Nadal organizado polo Concello que correrá a cargo da Orquestra Sinfónica e o Coro Mistura Vocal.
O Coro Mistura Vocal, formado por corenta cantores do sur de provincia de Pontevedra e dirixido pola tudense Aloia Martínez, será o encargado da primeira parte do concerto. Dende a súa formación en 2014 teñen realizado diferentes actuacións amais de acudido a diversos festivais e certames. No seu haber contan co primeiro premio do “Concurso Nacional de Corales Antonio José” celebrado en Burgos en outubro de 2017, onde tamén se fixeron co premio do público.
Intepretarán:
- “The Seal Lullaby” – E. Whitacre
- “Heroes, pugnate viri fortissimi” – Jacobus Gallus
- “Cantigas Galegas” – Julio Domínguez
- “Didn´t my lord deliver daniel” – Carl Haywood
- “Duérmete que viene preguntando” – Tradicional Cántabra con arranxos de Javier Busto
A segunda parte do concerto correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se presentou hai tres anos neste concerto de Nadal. Está integrada por preto de cincuenta alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Comezarán intepretando bandas sonoras de películas, nalgúns dos temas coa colaboración do Coro Mistura Vocal, e rematarán con temas propios do Nadal. Está dirixido por Luís Caballero. O programa será o seguinte:
- O pianista sobre o océano – E. Morricone
- Cinema Paradiso – E. Morricone
- A misión (Oboe de Gabriel) – E. Morricone
- Saharan dream – E. Morricone
- Piratas do caribe – K. Badelt
- Tema de Xogo de Tronos – R. Djawadi
- Forrest Gump – A. Silvestri
- Tema da lista de Schindler – J. Williams
- Indiana Jones (Raiders March) – J. Williams
- Let it snow – J. Styne (Interpretado polo coro e a orquestra)
- Danubio Azul – J. Strauss
- Marcha Radetzky – J. Strauss.
As entradas para o Concerto de Nadal están á venda en Cultura Tui ata o venres ás 12:00 horas ou o venres dende ás 19.30 horas no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.
