A Plataforma PACs contra o decretazo manifesta o seu rexeitamento ao acordo acadado na Mesa Sectorial celebrada o pasado 15 de abril entre a Consellería e as organizacións sindicais, CSIF, UGT e CCOO, coa excepción da CIG.
Dende a Plataforma «queremos deixar claro que a nosa reivindicación nunca estivo vinculada a melloras salariais nin a acordos de voluntariedade. A nosa demanda foi sempre clara e inequívoca, a negativa á incorporación da quenda dos sábados pola mañá no decreto dos PACs«, afirman.
Consideran que a sinatura deste acordo supón unha ruptura da confianza das traballadoras e traballadores dos PACs cara ás organizacións sindicais asinantes, que, «ao noso entender, non representaron en absoluto os intereses do noso colectivo».
Así mesmo, a Plataforma PACs contra o decretazo reafirma o seu compromiso de continuar co calendario de mobilizacións ata lograr a derrogación do Anteproxecto de Decreto que modifica as quendas dos PACs, incluíndo a quenda de mañá como quenda PAC.
