A recen constituída Plataforma Veciñal por un Gondomar con Servizos convoca á veciñanza de todas as parroquias da vila a unha asemblea informativa aberta en que, ademais de designar a portavocía da Plataforma, se acordaran as accións a desenvolver no futuro inmediato para demandar a prestación dos servizos básicos municipais no conxunto do concello.
A reunión terá lugar este luns 29 de xullo ás 20:30 horas no Centro de desenvolvemento local (CDL) de Gondomar.
Desde o grupo constituínte convidan a asistir a esa asemblea a cantas persoas teñan interese en sumarse á Plataforma.
