A Plataforma Veciñal por un Gondomar con Servizos convoca unha asemblea veciñal aberta o vindeiro venres 29 de novembro no Centro Neural ás 19:00 horas da tarde.

Na orde do día figuran as tarefas realizadas até o momento e as propostas para futuras liñas de traballo así como un punto para propostas, suxerencias e preguntas varias.

A coordinadora da plataforma espera que os veciños participen nesta asemblea para seguir solicitándolle ao Goberno local os servizos básicos necesarios para mellorar a vida de todos.