O pasado sábado tivo lugar o acto de izamento da Bandeira Azul na praia de O Muíño, coa que se marca o comezo da tempada de verán nesta recoñecida praia da Guarda ao contar co servizo de socorrismo dende o pasado sábado.

Ata a praia de O Muíño desprazáronse o Alcalde, Antonio Lomba; o tenente-alcalde, o nacionalista, Anxo Baz; a Concelleira de Turismo, a nacionalista Bea Lomba; o Concelleiro de Medio Ambiente; o nacionalista Xan Lois Lomba; a Presidente da Entidade Local de Camposancos, a nacionalista Mercedes Martínez e xunto cos socorristas, izaron o distintivo co que conta esta praia emblemática da franxa costeira, Bandeira Azul e o de «EcoPlaya».

Este ano no primeiro procedemento de contratación de socorristas non se cubriron as prazas necesarias para dar servizo nas dúas praias con bandeira Azul (O Muíño e Area Grande), polo que, namentres non se complete a plantilla o servizo de socorrismo prestará servizo só na praia do Muíño, por ter esta unha maior afluencia de bañistas e tamén por presentar maiores problemas de seguridade pola súa proximidade e pola súa ubicación na desembocadura do Río Miño.

Está xa en marcha un segundo procedemento para poder contratar a totalidade dos socorristas precisos para atender a estes dous areais guardeses, unha vez rematado izaráse tamén na Area Grande a correspondente Bandeira Azul.