ALFREDO

Este martes, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, enviou un escrito a Deputación de Pontevedra sobre a continuación das obras de Concepción Arenal onde explica a sinalización definitiva.

O escrito do alcalde, indican dende o Concello, «responde a unha comunicación do Servizo de Infraestructuras e Vías Provinciais da Deputación no que requiría información necesaria en relación a sinalización para proceder a súa colocación e remate das obras”.

O escrito remitido, sinalan dende o consistorio, «baséase no acordo de Goberno acadado co BNG no que se recollía que a regulación do tráfico por Concepción Arenal respondería ao plan de mobilidade co debido asesoramento técnico».

«O plan de mobilidade e o propio alcalde entenden que a rúa Concepción Arenal é a arteria principal de Baixada ao Porto para vehículos. Polo tanto, na sinalización proposta facilítase este acceso salvagardando a seguridade dos peóns e habilitando espazos para os mesmos», aseguran dende o Concello.

Na proposta enviada habilítase un sentido único de circulación entre a rúa Galicia e a rúa Tomiño. Posibilítase o acceso a Concepción Arenal e Domínguez Fontela dende a rúa Ourense e Manuel Álvarez.

Facilítase tamen o transito dos vehículos pesados. Así, os camións e autobuses poderán acceder ao porto a través da Praza de Avelino Vicente e poderán subir por Concepción Arenal dende o Porto ata a rúa Galicia directamente.

O alcalde confía que en prazo breve estea colocada a sinalización definitiva así como o mobiliario da rúa para o remate das obras.