La Casa de Los Alonsos en A Guarda
RUBENS // La Casa de Los Alonsos, en A Guarda

Dende este xoves, ás 9:30 horas, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a III Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

A Feira do Emprego e Formación chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.

Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

As Cápsulas formativas do xoves e do venres en horario de mañá requiren inscrición previa, máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es