Se queredes facer un agasallo especial, solidario, xerador de beleza e de oportunidades para todas e todos, a tenda Atalaia da Asociación San Xerome Emiliani é o lugar ideal para atopalo.

Os seus produtos están íntegramente elaborados polas persoas que participan nos talleres artístico e de artesanía da Asociación; preciosas creacións que serán, sen dúbida, o regalo ideal para os vosos seres queridos.

A semana do 17 ao 21 de decembro estarán abertos no seu horario habitual (de 10:00 a 14:00 horas) e en horario ampliado de tarde, de 17:00 a 19:00 horas.

A Campaña de Nadal culminará o venres 21 cun evento moi especial: a actuación en directo de Tati’s Joplin, banda de tributo artístico a Janis Joplin, que a partires das 19:00  horas acompañará os presentes coa súa música.

«Esperámosvos a todas e todos en Rúa Galicia, 23 de A Guarda, para que poidades facer as vosas compras de Nadal, disfrutando dun espectáculo gratuíto que non vos podedes perder«, sinalan dende a Asociación San Xerome.