Este xoves celebrouse a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 ante máis de medio cento de persoas que acudiron á Cervexaría «La Bodega» da Guarda.

Despois da primeira Barferencia, celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chegou a segunda deste ciclo e derradeira do ano 2019 na cal o historiador local J. Miguel Villa falou sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento».

J. Miguel Villa fixo un exhaustivo repaso da vida e obra de Juan Bautista Alonso Español, un guardés nado na parroquia de San Lourenzo de Salcidos no ano 1879, que foi xurista, político, periodista e presidente do Consello do Estado, cursando estudos en Filosofía e Leis na Universidade de Salamanca.