concello de oia
ALFREDO // Concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a publicación no DOG da resolución das axudas de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a mellora das infraestruturas de uso público, que suporán case un millón de euros para a provincia de Pontevedra, dos cales, 57.200 corresponderán a proxectos de Oia e Tomiño no Baixo Miño. Así, Tomiño recibirá así 30.000 euros, mentres Oia beneficiarase con 27.216 euros.

Cores Tourís recordou que a axuda para infraestruturas municipais, a Xunta subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.