O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución da convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, beneficiándose un total de 11 concellos da provincia de Pontevedra.
Así, Protección Civil de O Rosal recibirá da Administración Autonómica un todo-terreo pick-up. O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión dos vehículos todo terreo tipo pick-up será de tres meses.