Gala Deporte Gondomar
Gala do Deporte 2019

Co obxecto de pór en valor e fomentar as prácticas deportivas da nosa localidade, o sábado 06 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío, celébrase en Gondomar a IV Gala do Deporte.

Nesta convocatoria, realizada polo Departamento de Deportes do Concello de Gondomar, e promovido polo Alcalde Paco Ferreira e a Concelleira de Deportes Nuria Lameiro, valoraranse os méritos realizados durante o ano deportivo 2018 en oito categorías, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, mellor deportista revelación masculino, mellor deportista revelación feminina, mellor club ou entidade deportiva, premio ó patrocinio e colaboración co deporte, premio á traxectoria deportiva e premio ó mellor evento deportivo do ano. Ademais da categoría “Mención Especial” a que poderán optar persoas ou entidades que aínda non sendo deportistas, destacara pola defensa dos valores humanos no deporte.

As candidaturas poderanse presentar por parte de calquera cidadán, club deportivo, institución ou asociación, os cales poderán presentar ata tres candidatos/as, sempre que cumpra as condicións establecidas nas Bases da convocatoria.

O prazo de recepción de candidaturas estará aberto dende o 04 de febreiro, ata o 10 de marzo de 2019, sendo presentadas no Rexistro Municipal do Concello e sendo necesario presentar tamén a autorización de uso de datos.

O xurado estará nomeado e presidido pola Tenente de Alcaldesa e Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro. As bases da Gala e a folla de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello.