O vindeiro 31 de decembro, ás 12:00 horas, celebrarase no Rosal a última carreira do ano, a San Silvestre Solidaria, que está organizada polo Concello.
Este ano terá un obxectivo claramente solidario xa que os participantes que o desexen poderán achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes, que serán recollidos durante a proba por Conrazones e SOS Tomiño.
Una hora antes da carreira, ás 11:00 horas, realizarase unha andaina que terá 2.300 metros de percorrido que pasará polas rúas Simón del Mazo, rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño de Gandarela, estrada da Morroceira, camiño Campo da Feira, Simón del Mazo e praza do Calvario.
Pola súa banda, a carreira, de carácter non competitiva, terá 4.000 metros de percorrido. A saída será na praza do Calvario, pasando polas rúas Simón del Mazo, rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño de Gandarela, camiño da Laxe, camiño Tiarxo, camiño da Laxe do Campo, estrada da Morroceira, estrada da Morraceira, estrada de Furnos, camiño Pampaloas, camiño Campo da Feira, Simón del Mazo e de novo na praza do Calvario.
As inscricións están abertas ata o 27 de decembro no concello do Rosal.