O vindeiro sábado, 20 de xullo, o Club de Tenis Codesal acollerá a V edición do Torneo 3×3 de Baloncesto “Vila Da Guarda”, organizado polo Baixo Miño Basket.

Nesta edición, que dará comezo ás 9:30h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño.

Para máis información e a inscricións debese remitir un correo electrónico a dirección club.baloncesto.bmb@gmail.com.