O vindeiro sábado día 7 de setembro, ás 12:00 horas, terá lugar a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.
As inscricións están xa abertas ata o 4 de setembro na web Galitiming contando con dous percorridos de 400m.(Categorías A, B, C e D) e de 1.200m.(Categorías E, F, G, H, I, J,K e L)
Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe de:
- 6€ inscritos ata o 31 de agosto.
- 8€ inscritos entre o 1 e o 4 de setembro.
- As categorías de nenos (A, B, C e D) son de balde.
A inscrición inclúe:
- Gorro numerado
- Seguro accidentes
- Cronometraxe
- Avituallamento final
Os nadadores non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor autorice a súa participación. O impreso de autorización debe enviarse asinado previamente a info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.
A proba comezará ás 12:00 horas no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización.