O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, como Concello adherido o Programa da Deputación de Pontevedra “DEPOTERMAL 2019”, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse neste programa dende o día 28 de febreiro ata o 29 de marzo.
O Plan Depotermal da Deputación Provincial, pon en marcha os dous programas termais.
- O Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos en quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de duas horas as instalacións dun balneario, talaso ou espá da provincia.
O Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres.
- Poderán acceder a este programa as persoas empadroadas nos Concellos da Provincia de Pontevedra que reunan os requisitos exixidos, entre eles o de ser : Nacidos antes do 1 de xaneiro de 1969. No caso de nacer con posterioridade: ter a condición de pensionista ou ter recoñecido unha discapacidade igual ou superior o 65%, precisar dun respiro familiar.
As parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos.
As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura e presentar tramitar a súa solicitude.
