Curso de carretilla elevadora

O Concello de Gondomar, continuando coa programación de accións formativas para a veciñanza, ten prevista a realización dun curso de “operario de loxística e producción”, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o graduado escolar ou equivalente.

Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos nos procesos productivos industrias, de loxística e almacén, ademáis conta con formación en manexo de carretillas elevadoras e 80 horas de prácticas non laboráis en empresas.

O Concello sufraga íntegramente esta acción, o que implica unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación e emprego, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dita financiación completa.

Este curso, terá unha duración de 175 horas nas que se inclúen un módulo de prevención de riscos laboráis, formación en manexo de carretillas e prácticas en empresas; ten previsto o seu inicio o 3 de xuño, en horario de 16:00 a 21:00h. estando aberto o prazo de inscrición do 6 ao 16 de maio.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia e achegando a documentación que se indica en dita solicitude. Para ampliar esta información, pódese contactar co 986 384 020 ou por mail en emprego@concellodegondomar.gal