Dende o luns 3 de xuño e ata o venres 21 de xuño, ábrese o prazo de reserva de praza para os alumnos de novo ingreso no Conservatorio Municipal de Música da Guarda.

Todos os interesados poden realizar a súa reserva no propio conservatorio de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Máis información no teléfono 986 61 0283